Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra da fase III do Plan Director do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos en Ferrol (A Coruña) mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

A División de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 64, do 15 de febreiro de 1996 do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: División de Recursos Económicos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 61, fax: 981 54 27 62.

2. Categoría do contrato: 12 (arquitectura).

Descrición: redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra da fase III-Plan Director do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos en Ferrol (A Coruña) por importe de 69.969.813 pesetas (420.527,05 euros).

3. Admisión de variantes: non se admiten.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: chamar á División de Recursos Económicos do Sergas. Servicio de Xestión, teléfono: 981 54 27 73.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 27 de agosto de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Se é o caso, personas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: decimoprimeiro día natural seguinte ó de peche de recepción de ofertas, a partir das 9 horas na sala de xuntas da División de Recursos Económicos do Sergas-San Caetano-Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades básicas de financiación e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicatario do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión. Subdirección Xeral de Investimentos. División de Recursos Económicos do Sergas. Teléfono: 981 54 27 73.

15. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa: non se enviou.

16. Data de envío do anuncio: 5 de xullo de 2001.

17. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2001.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos