Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/269-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. avda. de Mahía, 17.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: instalar un novo C.T.C., para atende-lo edificio residencial Los Álamos. L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, con orixe na L.M.T.S. Roxos-Negreira entre os CC.TT. avda. de Mahía, nº 13 (expediente 233/1996) avda. Mahía, 20 (expediente s/n), conductor tipo R.H.V., e final no novo C.T. avda. Mahía, 17. Centro de transformación non prefabricado envolvente metálica, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. Concello de Ames.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 1 de xuño de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña