Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA
Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas) Santiago de Compostela.
Denominación: C.T. de 100 kVA en Abelleira.
Situación: Cerceda.
Características técnicas: centro de transformación aéreo de 100 kVA a 20 kV-B2 no lugar de Abelleira. Concello de Cerceda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 31 de maio de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial en funcións da Coruña