Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERREI

EDICTO (sec-2001000008).

A Comisión de Goberno, en sesión do 27 de xuño de 2001, aprobou o expediente de contratación por concurso en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, da seguinte obra: beirarrúas en Estevesiños.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Monterrei.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto e lugar de execución: beirarrúas en Estevesiños.

b) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso; autorízanse melloras.

4. Orzamento base de licitación: 17.963.500 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 359.270 pesetas.

Definitiva: 4% do remate no que se inclúe o importe da mellora.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa das Fontiñas nº 2.

c) Localidade e código postal: Monterrei, 32618.

d) Teléfono: 988 41 80 02.

e) Telefax: 988 42 57 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG e no BOP.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP (se coincidise en sábado ou festivo prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: o modelo de proposición e a documentación que presentarán os licitadores será a prevista no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Monterrei.

2. Domicilio: rúa das Fontiñas nº 2.

3. Localidade e código postal: Albarellos, 32618.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio:rúa das Fontiñas, nº 2.

c) Localidade: Albarellos.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Monterrei, 29 de xuño de 2001.

José Luis Sánchez Conde

Alcalde