Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e execución, polo procedemento aberto, das obras de ampliación e mellora da EDAR dos Praceres (concellos de Pontevedra, Marín e Poio).

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador:

Organismo Autónomo Augas de Galicia.

Praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

15781 Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 45 51.

Telefax nº: 981 54 19 87.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida:

Concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación:

Clave: OH.336.410.

Ampliación e mellora da EDAR dos Praceres (T.M. de Pontevedra, Marín e Poio).

Orzamento máximo: 1.250.000.000 pesetas (mil douscentos cincuenta millóns de pesetas, equivalente a 7.512.651,30 euros).

3. a) Lugar de execución:

Concellos de Pontevedra, Marín e Poio (Pontevedra).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra:

Incluído no prego de bases.

4. Prazo de execución eventualmente imposto:

45 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios:

O indicado no punto número 1.

6. a) Data límite de recepción das ofertas:

5 de setembro de 2001, ás 12 horas.

b) Enderezo a que deben enviarse as ofertas:

O indicado no punto 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas:

Galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas:

Acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas:

19 de setembro de 2001, ás 10 horas, na Sala de xuntas de Augas de Galicia.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas:

Fianza provisional: dous por cento (2%) do orzamento base de licitación (25.000.000 de pesetas, equivalente a 150.253,03 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do orzamento base de licitación (50.000.000 de pesetas, equivalente a 300.506,05 euros).

As ditas fianzas deberán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pago e/ou referencias ós textos que a regulan:

Pagos a conta, de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo de conformidade co disposto no artigo 145 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (en adiante LCAP).

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato:

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas, segundo a LCAP e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista:

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses conforme o artigo 89 da LCAP.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Os que figuran no el prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria:

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría e.

17. Data de envío do anuncio:

5 de xullo de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

5 de xullo de 2001.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia