Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/54-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., e C.T. r/ Emilia Pardo Bazán, 71.

Situación: Allariz.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV de 26 m de lonxitude en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. subterránea ata o C.T. Roimelo con remate na L.M.T. subterránea ó C.T. estrada de Xunqueira logo de subministra-lo C.T. de 400 kVA R/T 20.000/380-220 V. Proxectado no soto do edificio nº 71 da r/ Emilia Pardo Bazán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 23 de maio de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense