Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.353

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (448/2000).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 448/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, 6 de abril de 2001.

Jorge Ginés Cid Carballo, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 448/2000, seguido por unha falta de ameazas, contra Florentino de Jesús del Río, natural de Santiago de Compostela, no que actuou como parte a denunciante Ramona del Río Rial.

Decido que debo absolver e absolvo a Florentino de Jesús del Río da falta de ameazas da que estaba acusado, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Florentino de Jesús del Río, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o seis de xuño de dous mil un.

A secretaria

Rubricado