Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 28 de xuño de 2001 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 9 de maio de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 97, do 22 de maio).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 9 de maio de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 97, do 22 de maio), e corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia nº 104, do 30 de maio, en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-la funcionaria que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o prazo previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento ou no prazo dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados/as poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo o demandante ou ben no da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14

e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral de do Patrimonio

ANEXO

Apelidos e nome: Muñoz Fonteriz, Elena.

Grupo: A.

NRP: 3611995068 A2086.

Denominación e código do posto: xefe de Servicio de Control Financiero de Operacións Correntes.

EFC030000315770005.

Nivel: 28.

Complemento E.: 1.772.460.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.