Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONTRATACIÓN de obras de instalacións deportivas.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono 988 38 51 00 e fax 988 38 51 84.

Denominación/concello/prazo execución/clasif./tipo de licitación sobre o que se aplicará a baixa da poxa.

Polideportivo cuberto e pista descuberta no campo das Trigueirizas (1ª fase)/Celanova/14 meses/A.1.e, C.1 a 9.e, I.e e 9.e, K.7 e 9.c/178.792.360 pesetas.

Ademais, teranse en conta as cantidades por honorarios de dirección e outros conceptos, que figuran detallados no último parágrafo do prego de condicións publicado no BOP antes mencionado.

Ourense, 3 de xullo de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense