Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do contrato para a organización e montaxe do II Día da Música Xove en Sada-A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 12/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios necesarios para a organización e montaxe do II Día da Música Xove en Sada-A Coruña.

b) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 88, do 8 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.500.000 pesetas, IVE incluído (51.086,03 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 30 de maio de 2001.

b) Contratista: Francisco Gómez Seijo.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe: 8.350.000 pesetas (50.184,51 euros).

A Coruña, 30 de maio de 2001.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña