Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 31 de maio de 2001, da Delegación Comarcal de Pontevedra, pola que se notifica a apertura e o prego de cargos do expediente sancionador PESAN1 2001/000211-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a apertura e o prego de cargos do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, para presentaren, ante a delegación comarcal as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Comarcal de Pontevedra, Andrés Mellado, 15-1º.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000211-5.

Denunciado: Manuel Castro Santos.

DNI: 35.279.936.

Enderezo: avda. de Vigo, 61, baixo, Cangas.

Pontevedra, 31 de maio de 2001.

Carlos Costa Fraga

Delegado comarcal de Pontevedra