Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de subministracións para a contratación do proxecto e execución dun artefacto flotante equipado e certificado para a realización de prácticas de mergullo en augas profundas e medio aberto, para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, publícase a adxudicación do seguinte contrato de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

c) Número de expediente: 2001/12/000047.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: contratación do proxecto e execución dun artefacto flotante equipado e certificado para a realización de prácticas de mergullo en augas profundas e medio aberto, para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

c) Anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado do 2 de febreiro de 2001, Diario Oficial de las Comunidades Europeas do 18 de febreiro de 2001 e Diario Oficial de Galicia do 16 de febreiro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total 84.000.000 de pesetas (504.850,17 euros) IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 18-5-2001.

b) Contratista: Navalship, S.L. r/ Dolores 23, 15402 Ferrol (A Coruña).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 83.654.560 pesetas (502.774,03 euros).

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación