Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/193-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento O Pazo 31.

Situación: Meaño.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 74 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o centro de seccionamento existente no Pazo, ata o centro de seccionamento que se proxecta no Pazo 31, no concello de Meaño. Centro de seccionamento con tres liñas de maniobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 23 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra