Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 31 de maio de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra o debedor que se sinala (Autometálica, S.A.).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio deste anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o debedor que se sinala na lista que se xunta. No devandito expediente dictouse a dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor; dilixencia que non puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Deste embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 31 de maio de 2001.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Autometálica, S.A.

NIF: A15139256.

Data da dilixencia: 9-5-2001.

Descrición do ben: opción compra sobre vehículo C-1832-AU.