Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.256

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COREGUI, S. COOP. LTDA.

ANUNCIO.

Gonzalo Vázquez Carballeira, titular do DNI/NIF nº 33.828.911-M, na súa condición de secretario da cooperativa Coregui S. Coop. Ltda., con domicilio nas Reixas-Os Vilares, Guitiriz (Lugo), provista do CIF nº F27202258.

Certifico que na asemblea xeral extraordinaria da cooperativa Corregui S. Coop. Ltda, que tivo lugar no domicilio social o día 15 de decembro de 2000, se adoptaron, entre outros, os seguintes acordos:

1. Aprobar por unanimidade a disolución de Coregui S. Coop. Ltda. pola fusión dos seus dous membros integrantes, Buriz S. Coop. Ltda. e San Vicente de

los Villares de Parga, S. Coop. Ltda., conforme o disposto no artigo 86 f) da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia.

2. Acorda por unanimidade o nomeamento dun liquidador da cooperativa.

Asino en Guitiriz (Lugo) o 20 de decembro de 2000, co visto e prace do presidente, para que conste para tódolos efectos oportunos.

Gonzalo Vázquez Carballeira

Secretario

Visto e prace

Luis López López

Presidente