Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto e trámite de urxencia, para a organización e impartición dun curso sobre taller de entrevista para demandantes de emprego, dirixido a orientadores laborais, así como a elaboración do material necesario para os talleres.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 20/2001.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: organización e impartición dun curso sobre taller de entrevista para demandantes de emprego, dirixido a orientadores laborais, así como a elaboración do material necesario para os talleres.

b) Prazo de execución: ata o 20 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de aduxidicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.000.000 de pesetas (30.050,60 euros).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Colocación.

b) Enderezo: San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 59 45/981 54 59 46.

e) Fax: 981 54 56 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esa contratación no seguinte enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=559.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de extraeren escritos no rexistro de contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Enderezo: San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude