Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o arquivo do expediente sancionador Secretaría 292/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o arquivo do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo de 1 mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 292/2000.

Denunciado: Amago Logística.

DNI/CIF: B 15529283.

Último enderezo coñecido: parcela E-8. Polígono industrial de Bergondo. (Parroquia de Babío). Bergondo.

Importe da sanción: 0 pesetas.

A Coruña, 17 de abril de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña