Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación por concurso público con tramitación urxente, das obras de arranxo de cuberta no CEIP número 2 de Tui-Pontevedra, e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1.

a) Descrición do obxecto: arranxos da cuberta no CEIP nº 2 de Tui-Pontevedra.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 20.082.942 pesetas IVE incluído (120.700,91 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, categoría D.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

h) Así mesmo, poderanse obter máis información referente a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

565.

2.2.

a) Descrición do obxecto: cambio de cuberta e arranxos varios no CEIP Pérez Viondi-A Estrada-Pontevedra.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 19.484.129 pesetas IVE incluído (117.101,97 euros).

d) Fianza provisional: 389.683 pesetas (2.342,04 euros).

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

h) Así mesmo, poderanse obter máis información referente a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

566.

2.3.

a) Descrición do obxecto: cubrición do novo patio e outros no IES Manuel García Barros-A Estrada-Pontevedra.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 14.370.159 pesetas IVE incluído. (86.366,40 euros).

d) Fianza provisional: 287.403 pesetas (1.727,33 euros).

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

h) Así mesmo, poderanse obter máis información referente a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

567.

2.4.

a) Descrición do obxecto: cambio de carpintería exterior no CEP Xanza-Baño-Valga-Pontevedra.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 15.051.737 pesetas IVE incluído (90.462,76 euros).

d) Fianza provisional: 301.035 pesetas (1.809,26 euros).

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

h) Así mesmo, poderanse obter máis información referente a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

568.

2.5.

a) Descrición do obxecto: cambio de cuberta no CEIP Mestre Martínez Alonso-Castro-Mos (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 1 mes e medio (45 días).

c) Orzamento da obra: 12.843.452 pesetas IVE incluído (77.190,70 euros).

d) Fianza provisional: 256.869 pesetas (1.543,81 euros).

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación : non se esixe

g) Variantes: só se admitirán como variantes a reducción do prazo de execución.

h) Así mesmo, poderanse obter máis información referente a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

569.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: nos sobres A, B e C a documentación establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da delegación provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do quinto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Programación e Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono: 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 2 de xullo de 2001.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra