Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.175

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A.

ANUNCIO de invitación a licitar por procedemento negociado.

(Lei 48/1998, Directiva 93/38/CEE, modificada pola Directiva 98/4CE).

1. Entidade adxudicadora.

Regasificadora del Noroeste, S.A. (Reganosa). Punta Promontoiro s/n. 15620 Mugardos (A Coruña) España. Direccion*forestaldelatlantico.com. Teléfono: 0034 981 47 07 50. Fax: 0034 981 47 07 61.

2. Natureza do contrato.

Contrato de servicios de xestión e apoio técnico de Reganosa. Categoría 12. Clasificación 867.

3. Lugar de prestación de servicios e execución.

Os servicios solicitados prestaranse tanto nas oficinas de Reganosa como nas da empresa adxudicataria, así como no lugar de execución das obras para a terminal de regasificación de GNL no lugar de Punta Promontoiro, no termo municipal de Mugardos (A Coruña).

4. Subministración e obras.

Non aplica.

5. Servicios.

a) O alcance dos servicios de xestión e apoio técnico solicitados terá como finalidade garanti-lo correcto desenvolvemento de tódalas fases do proxecto, desde a selección do subministrador da planta ata a súa recepción provisoria.

A planta de recepción, almacenamento e regasificación de GNL será contratada por Reganosa, na modalidade de chave en man (deseño básico e de detalle, fabricación, subministración, construcción, montaxe, posta en marcha e probas), a unha terceira entidade (subministradora da planta).

Os servicios solicitados incluirán: comparación e avaliación técnica das ofertas presentadas ó concurso da subministración, apoio técnico para a negociación do contrato da subministración, revisión dos deseños básico e de detalle; seguimento da fabricación; aprobación da documentación técnica; planificación; xestión do control de calidade; coordenación e supervisión da construcción, montaxe, seguridade na obra, posta en marcha e probas para a nova terminal de regasificación de gas natural licuado de Reganosa.

Como información adicional, a nova instalación estará formada por:

-Sistema de descarga. Caudal de deseño de 12.000 m/h.

-Almacenaxe. Dous tanques (2) de GNL de contención total, tipo H4 s/EN1473 (inspección radiográfica de soldadura segundo NFPA-59A), con recipiente exterior de formigón e interior de aceiro ó

9% de níquel, de 150.000 m de capacidade neta cada un.

-Regasificación. Deseñarase para unha capacidade nominal de vaporización de 250 t/h, con previsións no deseño para chegar a 375 t/h.

A planta terá unha redundancia do 100% na selección da capacidade dos seus equipos asociados ó proceso principal.

Para a vaporización consideraranse as seguintes opcións:

-Auga de mar.

-Intercambiador de auga quente (achegada por outros) de carcasa e tubo.

-Combustión somerxida.

-Conexión á rede de gasoductos a través dunha estación de regulación, medida e análise. Presión máxima de emisión 80 barg. Temperatura de saída da instalación comprendida entre 0º e 10º.

-Sistemas e equipos auxiliares.

-Sistemas de producción de calor de respaldo para vaporizar 250 tm/h.

-Sistema de control.

-Sistemas de seguridade.

-Sistemas contraincendios.

-Evacuación de enerxía eléctrica.

-Sistemas e equipos auxiliares.

b) A licitación será pola totalidade dos traballos descritos.

O deseño da planta realizarase baseándose no proxecto básico e no Adendum ó proxecto básico da planta, de xaneiro de 1999 e xullo de 2000, respectivamente.

6. Variantes.

Non se admiten.

7. Exención da utilización das especificacións europeas.

As exencións, se é o caso, fundamentaranse na aplicación dos supostos previstos no artigo 14.1º, letras a) e c), da Lei 48/1998.

8. Prazo de entrega.

O prazo estimado para a prestación dos servicios solicitados será duns 32 meses desde a data de notificación da adxudicación do contrato.

Data de comezo dos traballos: aproximadamente o terceiro trimestre do ano 2001.

9. Forma xurídica do ofertante.

De xeito preferente a adxudicación realizarase a unha soa empresa, aínda que poderán excepcionalmente admitirse, cando existan razóns obxectivas xustificadas, agrupacións de interese económico ou agrupacións europeas de interese económico, de acordo coa lexislación española, ou outra forma con

sorcial de agrupación empresarial, sempre con responsabilidade conxunta e solidaria das empresas participantes.

Os empresarios que asuman o compromiso de constituírense en agrupación deberán nomear, na súa solicitude de participación, un dos empresarios como representante, interlocutor e apoderado único á fronte da entidade adxudicataria durante a totalidade da execución do contrato.

10. Prazo de recepción de solicitudes.

a) Data límite de recepción das solicitudes de participación: vintedous (22) días desde a data de envío deste anuncio.

b) Enderezo ó que debe remitirse: ve-lo indicado no 1.

c) Idioma: español.

11. Fianza de oferta.

Non aplica.

Fianza de contrato: unha vez adxudicado o contrato o contratatista aportará unha fianza dunha porcentaxe que se determinará sobre o valor final do contrato, cun valor mínimo do 10%.

12. Modalidade de pagamento.

O prezo que se oferte será con base nun tanto global para un alcance de prestación de servicios definido.

Solicitaranse prezos desagregados para os traballos de oficina, os de control de calidade das fabricacións e os desenvolvidos na obra.

Adicionalmente solicitaranse prezos para traballos por administración para a prestación de servicios adicionais que poidan ser requiridos.

A oferta será válida por un período mínimo de seis meses a partir da data de presentación.

13. Situación do contratista e condicións mínimas de carácter técnico e económico ás que debe axustarse.

Experiencia probada na participación en proxectos crioxénicos e de terminais de regasificación de características semellantes ós servicios que se van contratar segundo o punto 5.

Na comunicación por parte dos candidatos, de confirmación do seu interese de participar nesta licitación, incluirase unha relación da experiencia acumulada neste tipo de prestación de servicios e en proxectos similares.

A empresa candidata deberá de confirma-la súa non participación no concurso para subministrador da planta.

14. Criterios de adxudicación. Mellor oferta técnico-económica negociada

A avaliación dos candidatos realizarase cinguíndose ós seguintes conceptos:

a) Equipo técnico. Valorarase a traxectoria profesional relevante en plantas de GNL por parte do equipo técnico, así como as súas titulacións. En particular os traballos realizados nos últimos tres anos serán os de maior peso. Tamén se valorará a experiencia do equipo en plantas de coxeración.

b) Experiencia tecnolóxica da empresa. Traballos similares realizados nos últimos tres anos (estudios de viabilidade, supervisión de enxeñería e enxeñería).

c) Valor técnico. Claridade e estructuración da proposta, alcance, compromiso, coñecemento da tecnoloxía. Descrición dos productos que se van entregar. Método de xestión, seguimento e control. Ferramentas informáticas.

d) Plano de traballo proposto. Proposta de productos intermedios e finais, tempos estimados de revisión, puntos de decisión indicando os responsables de execución, revisión, aprobación e control de calidade. Método de xestión de seguimento e control.

e) Calidade de subministración. Métodos, calidade das ferramentas informáticas, procedemento de traballo e estándares de calidade.

f) Prestacións adicionais propostas.

g) Solvencia económica e financeira.

h) Grao de axuste ó orzamento de Reganosa.

i) Custo dos servicios extra e ampliacións.

j) Horas equivalentes ofertadas.

k) Prazo e flexibilidade.

15. Ofertantes preseleccionados.

Non procede.

16. Data de publicación do anuncio no DOCE.

Non procede.

17. Información complementaria.

A adxudicación efectuarase polo procedemento negociado.

18. Referencia publicación anuncio periódico.

Non aplica.

19. Data de envío do anuncio pola entidade contratante: 29 de xuño de 2001.

20. Data de recepción do anuncio: 29 de xuño de 2001.

Mugardos, 29 de xuño de 2001.

Mauro Arias Villa

Conselleiro delegado