Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 21 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 00/3069-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 342B 00/3069-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Portus Galicia Fashion, S.L.

Enderezo: Eduardo Iglesias 18, 36202 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 13-3-2001, do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, con data do 6 de abril de 2001.

Parte dispositiva da resolución:

«Acorda:

1. Concederlle a Portus Galicia Fashion, S.L., as axudas e subvencións pola contratación indefinida dun traballador na contía seguinte:

-Axuda pola contratación indefinida inicial dun traballador, por un importe total de 400.000 pesetas.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base novena do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, con data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas.

-TC1 e 2, dos meses seguintes: xaneiro/2001, xaneiro/2000, maio/2000 e setembro/2000 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

3. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas na base décima do anexo B da orde reguladora, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos no artigo 11 da citada orde.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 6 de abril de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 21 de maio de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra