1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado
das liñas eléctricas de referencia, as cales contan coas características técnicas que se relatan a seguir:
Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Finalidade: mellora-la calidade do servicio nas zonas de influencia.
Características técnicas principais:
1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. Demondín-Arxemil e remate no C.T. proxectado de Arxemil de 503 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.
2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Arxemil de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
3. Rede de baixa tensión aérea de Arxemil de 2.785 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación se realiza tamén para
os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
3. Alegacións.
O que se fai público para que poida examinarse o proxecto e os seus anexos de instalacións nesta delegación provincial (Edificio Administrativo, Ronda Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 28 de maio de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 25/2000Provincia: Lugo
L.M.T., C.T., R.B.T. Arxemil-QuintelaConcello: O Corgo
Apoio Voo
Nº predio Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº m ml m
Luis Cedrón del Valle 27001 Lugo
27168 Lugo
27168 Lugo
27168 Lugo3 A Cortiña Nova Monte baixo Representa Mª Carmen López López
r/ Da Cruz, 10-1º
25 250
6 Agra das Cruces Monte alto Salvador Besteiro Fernández Arxemil
3,4 1,5 147 2.352
8 Agra das Cruces Froiteiras Salvador Besteiro Fernández Arxemil
16 160
10 Agra das Cruces Labor Darío Ferreiro Otero Arxemil
15 150