Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a declaración de auga mineral natural do manancial Nai de Deus.

Jesús Bendaña Suárez, delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Víctor Aramburu Molet, con domicilio na rúa Andrés Gaos, 34.2º esda., 15010 A Coruña, en nome do Balneario do Río Pambre, S.L. solicita a declaración da condición de minero medicinal das augas afloradas na captación Nai de Deus, no lugar Prado da Fonte, sito no concello de Palas de Rei, provincia de Lugo.

O que se fai público de acordo co disposto no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que os interesados, no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio, poidan face-las alegacións que coiden pertinentes.

Lugo, 10 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo