Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.144

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 25 de xuño de 2001 pola que se corrixen erros advertidos na do 22 de maio de 2001 pola que se convocaban probas selectivas para cubrir unha praza de mestre de educación infantil do grupo II, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertido erro no Diario Oficial de Galicia nº 117, do luns, 18 de xuño de 2001, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 8.132, o epígrafe 2.2 d) que di: «Poderán quedar exentos do requisito da titulación esixido para quenda libre, agás que na relación de postos de traballo a titulación sexa elixida preceptivamente», debe ser suprimido.