1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.
c) Número de expediente: 139/2001.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: reurbanización da rúa de Xeneral Pardiñas (tramo comprendido entre a rúa da República Arxentina e da rúa Montero Ríos).
b) Prazo de execución: 6 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 117.754.005 pesetas (707.715,82 euros), incluído IVE.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
Documentación: Copy Estudio. Rúa Nova de Abaixo, 19-21. 15706-Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.
Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación). Praza do Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.
Data límite de obtención de documentos e información: 13 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP da Coruña (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG).
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: (grupos, subgrupos e categoría): G.6.e.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP e no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 12 do prego de condicións administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).
2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (pavillón da Trindade).
3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (Secretaría). Praza do Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela.
b) Data: Segundo día hábil seguinte, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 15.3.3 do prego de condicións.
Así mesmo, exponse ó público o prego que rexe a licitación durante o prazo de 8 días no Negociado de Contratación, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2001.
P.D.
Luís Toxo
Tenente alcalde