Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto para a subministración da dotación das aulas de formación (mecánico reparador de automóbil e xardineiro) do centro de formación ocupacional de Santa María de Europa en Ourense (2 lotes).

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 16/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dotación das aulas de formación (mecánico reparador do automóbil e xardineiro) do centro de formación ocupacional Santa María de Europa en Ourense (2 lotes).

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.000.000 de pesetas (2 lotes), 96.161,94 euros.

Lote 1: 12.000.000 de pesetas (mecánico reparador do automóbil), 72.121,45 euros.

Lote 2: 4.000.000 de pesetas (xardineiro), 24.040,48 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: sí (4% do orzamento da adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información índole administrativa 981 54 46 80/981 54 46 52. Información índole técnica: 988 22 54 00 (sr. Vázquez Conde).

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=484.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador así como os lotes ós que concursan. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Reglamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude