Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.077

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (91/2001).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 91/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Procedemento: xuízo de faltas 91/2001.

En Santiago de Compostela o seis de abril de dous mil unl. En nome de El-Rei,

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de Instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 91/2001, seguida por unha falta de furto, no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, Ana María Montaña Calvo, denunciante, e como denunciado Rogelio Vilas Juncal, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo absolver a absolvo a Rogelio Vilas Juncal, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, sección sexta, con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Rogelio Vilas Juncal, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vinteoito de maio de dous mil un.

O secretario

Rubricado