Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.071

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001 sobre corrección de erros da convocatoria dun curso de verán en Sada sobre aspectos urbanísticos do turismo.

No DOG 126, do día 29 de xuño de 2001, aparece inserida a convocatoria dun curso de verán da EGAP en Sada sobre aspectos urbanísticos do turismo, en colaboración, entre outras entidades, coa Universidade da Coruña.

Na expresada convocatoria advírtese o seguinte erro no contido do punto 3: «Destinatarios», no que se di que o serán: «Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral».

A redacción axeitada do aludido punto debe dicir así: «Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

Segundo o acordo adoptado o 26 de xuño de 2001 pola Comisión de Plan de Estudios da Universidade da Coruña, recoñeceráselles un crédito de libre configuración ós estudiantes da mencionada universidade que asistan con asiduidade ó desenvolvemento do citado curso de verán».

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2001

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública