Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2001 pola que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Oitavén, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso PO/1/130.

Neste organismo autónomo, Augas de Galicia, achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico dun tramo libre do río

Oitavén, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbense os peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudios ambientais achegados polos promotores, logo da cualificación dos proxectos do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto no artigo 109 do R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, ó trámite de información pública as peticións e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio dun representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia, praza Camilo Díaz Valiño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, e dentro

do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo, non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes e Soutomaior (Pontevedra).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos ó seu dispor copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

* Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

-Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza Camilo Díaz Valiño s/n, (edificio da estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Concello de Fornelos de Montes: rúa do Concello, 36847 Fornelos de Montes.

-Concello de Ponte Caldelas: avda. de Galicia, s/n, 36828 Ponte Caldelas.

-Concello de Soutomaior: rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36691 Soutomaior.

* Estudio de efectos ambientais dos proxectos:

-Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza Camilo Díaz Valiño s/n, (edificio da estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Delegación provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: rúa Nova de Abaixo, nº 2, 36071 Pontevedra.

-Concello de Fornelos de Montes: rúa do Concello, 36847 Fornelos de Montes.

-Concello de Ponte Caldelas: avda. de Galicia, s/n, 36828 Ponte Caldelas.

-Concello de Soutomaior: rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36691 Soutomaior.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

a) Peticionario e promotor: Hidrofreixa, S.L.

Enderezo: rúa Uruguai, nº 8, 6ª planta, oficinas 1ª, 2ª, e 3ª, 36201 Vigo.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén. C. H. de Retorta.

Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 8.800 l/sg.

Corrente de derivación: río Oitavén (cota normal de encoro: 185,50 m).

Corrente de restitución: río Oitavén (cota de finalización: 47 m).

Desnivel (salto bruto): 138,50 m.

Altura desde a cimentación ata a coroación dos muros laterais: 11 m.

Potencia xerador: 2x4.750 kW.

Concellos onde se achan a toma e demais obras: Ponte Caldelas, Fornelos de Montes e Soutomaior (Pontevedra).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Presa.

A presa situarase nun punto do río no que o leito está á cota 180 m, 470 m augas abaixo da presa de Eiras. A presa será de gravidade, de formigón

en masa. A súa altura desde a cimentación ata a coroación dos muros laterais será de 11 m e a súa lonxitude total será de 48,46 m.

No seu tramo central atópase o aliviadoiro, formado por un vertedoiro con perfil Creager de 23 m de lonxitude.

Construirase un desaugadoiro de fondo mediante tubo de 0,70 m de diámetro.

-Canle de derivación.

Da presa sairá a canle principal, que discorrerá pola ribeira dereita do río Oitavén. Terá unha lonxitude de 3.710 m e unha pendente do un por mil (i=0,001). A súa sección será trapezoidal con 2,90 m de largura na base, 3,30 m na coroación e 2,20 m de calado.

-Cámara de carga.

A cámara de carga construirase de muros de formigón armado e terá 18,50 m de lonxitude, 8 m de largura e 5,25 m de profundidade.

-Tubo forzado.

O tubo forzado será de chapa de aceiro cun diámetro interior de 1.850 mm e un espesor variable en función da presión que teña que soportar (de 8 a 18 mm nos diferentes tramos). O tubo terá unha lonxitude de 225 m.

-Central.

A central de Retorta construirase na ribeira dereita do río Oitavén, no concello de Ponte Caldelas. Terá unhas dimensións de 21,15x17,56 e dividirase en dous recintos: un para os grupos, cadros eléctricos e demais equipamentos de regulación e mando automático e outro para o centro de transformación.

-Equipamentos electromecánicos.

Os equipamentos que se instalarán son dúas turbinas tipo Francis iguais cun caudal nominal de 4,40 m/s por turbina e unha potencia máxima no eixe de 4.999 kW cada unha.

Haberá un xerador por turbina de tipo síncrono cunha potencia de 5.000 kVA cada un.

Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento. Os terreos ocupados son os seguintes:

-Azude:

PropietarioDomicilioSup. (m)

Comunidade de monte veciñal de CalvosCalvos

(Fornelos de Montes)

500

Comunidade de monte veciñal de BarbudoBarbudo

(Ponte Caldelas)

900

-Canle:

PropietarioDomicilioSup. (m)

Comunidade de monte veciñal de BarbudoBarbudo

(Ponte Caldelas)

19.300

Comunidade de monte veciñal da InsuaA Insua

(Ponte Caldelas)

23.900

-Tubaxe:

PropietarioDomicilioSup. (m)

Comunidade de monte veciñal da InsuaA Insua

(Ponte Caldelas)

2.650

-Central e acceso:

PropietarioDomicilioSup. (m)

Comunidade de monte veciñal da InsuaA Insua

(Ponte Caldelas)

3.000

Estudio de efectos ambientais.

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

b) Peticionario e promotor: Topo2000, S.L.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 1, ático 13, 15679, O Temple, Cambre, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén. Salto nº 1. Eiras I.

Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 3.200 l/sg.

Corrente de derivación: río Oitavén (cota normal de encoro: 237,50 m).

Corrente de restitución: río Oitavén (cota de finalización: 210 m).

Desnivel (salto bruto): 27,50 m.

Potencia xeradores: 2x338,40 kW.

Concello onde se acha a toma e demais obras: Fornelos de Montes (Pontevedra).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Para o abastecemento ó concello de Vigo e á súa comarca, a presa de Eiras conta cunha torre de toma con tres niveis de captación, aproximadamente ás cotas 230, 220 e 210. Esta torre alimenta a dous tubos de 0,70 m de diámetro que desembocan nunha cámara de disipación de enerxía coa lámina de auga á cota 210.

Ó final da cámara de disipación de enerxía existe un vertedoiro que comunica cunha canle de derivación. Nel a lámina de auga situase á cota 207,50. Trala canle, a auga ingresa nunha conducción de aceiro de 1.500 mm de diámetro.

Con este salto preténdese aproveita-la enerxía que inutilmente se disipa na cámara colocando dous grupos hidráulicos.

Co obxecto de posibilitar un funcionamento similar ó actual, con vertedura á cámara de disipación ou a turbinación dos caudais, as conduccións existentes de 0,70 m de diámetro dotaranse dunha derivación.

A saída indirecta conducirase cara á cámara de disipación mediante un cóbado. A través da saída directa alimentarase cada un dos grupos conservando a sec

ción de 0,70 m de diámetro. As dúas conduccións realizadas con aceiro cun espesor de 6 mm e unha lonxitude de 20 m.

Tanto as conduccións de nova traza como o edificio da central, de reducidas dimensións, situaranse sobre a cámara de disipación.

O edificio da central terá unha superficie de 60 m.

Os grupos que se instalarán serán dúas turbinas Francis de eixe vertical definidas para un caudal máximo de 1,60 m/s e un salto neto de 26 m; a potencia máxima no eixe da turbina será de 352,50 kW cunha potencia total instalada de 705 kW.

Os alternadores serán de tipo síncrono cunha potencia aparente de 376 kVA sendo a potencia aparente total de 752 kVA.

Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento. O acceso está construído e a toma e a central hidroeléctrica están na zona propiedade de Augas de Galicia.

Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

c) Peticionario e promotor: Topo2000, S.L.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 1, ático 13, 15679, O Temple, Cambre, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén. Salto nº 2. Eiras II.

Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 13.800 l/sg.

Corrente de derivación: río Oitavén (cota normal de encoro: 237,50 m).

Corrente de restitución: río Oitavén (cota de finalización: 199 m).

Desnivel (salto bruto): 38,50 m.

Potencia xeradores: 2x1987,20 kW.

Concello onde radica a toma e demais obras: Ponte Caldelas (Pontevedra).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Con este aproveitamento quérese aproveita-la enerxía dos caudais excedentes que se verten polos desaugadoiros de fondo na presa de Eiras.

-Captación e conducción forzada.

A captación realizarase mediante as correspondentes conexións ós desaugadoiros de fondo, na zona comprendida entre a comporta de seguranza e a comporta de manobra, cun T de derivación.

O tubo procedente do desaugadoiro da marxe esquerda terá unha lonxitude aproximada de 20 m e tres cóbados a 90º. Deste xeito, tras beirea-la caseta de desaugadoiros salvando por abaixo a saída dos

desaugadoiros de fondo, ámbalas conduccións uniranse discorrendo pola marxe dereita do río, ó longo de 137 m, ata a bifurcación de alimentación a cada un dos grupos.

O diámetro dos tubos de conexión será de 1.500 mm. Trala unión, a conducción terá un diámetro de 2.100 mm. Os tubos de alimentación a cada un dos grupos serán de 1.500 mm de diámetro. A súa lonxitude será de 10 m.

O espesor do tubo é de 12 mm para os tubos de 1.500 mm de diámetro e un espesor de 16 mm para o tubo de 2.100 mm de diámetro. Tódalas as conduccións se realizarán con aceiro.

-Central

O edificio da central irá na marxe dereita do río Oitavén e terá unha superficie de 300 m.

-Equipamentos electromecánicos.

Instalaranse dúas turbinas Francis de eixe horizontal deseñadas para un caudal de 6,9 m/s e un salto neto de 35,416 m. Terán unha potencia de 2.070 kW, sendo a potencia total instalada de 4.140 kW.

Os alternadores serán síncronos cunha potencia en bornes de 1.987,201 kW. A potencia aparente será de 2.208 kVA sendo polo tanto a total de 4.416 kVA.

Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento. A zona próxima á presa, toma de auga e inicio do acceso á central hidroeléctrica pertence a Augas de Galicia.

PropietarioDomicilioSup. (m)

Comunidade de Monte Veciñal de BarbudoO Campo

(Ponte Caldelas)

2.500

Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

d) Peticionario e promotor: Topo2000, S.L.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 1, ático 13, 15679 O Temple, Cambre, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén. Salto nº 3. Salto de Corope.

Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 9.000 l/sg.

Corrente de derivación: río Oitavén (cota normal de encoro: 195 m).

Corrente de restitución: río Oitavén (cota de finalización: 34,50 m).

Desnivel (salto bruto): 160,50 m.

Altura da presa sobre cimentos: 7 m.

Potencia xeradores: 2x5.995 kW.

Concellos onde se acha a toma e demais obras: Ponte Caldelas e Fornelos de Montes (Pontevedra).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude.

Augas abaixo da presa de Eiras, a uns 300 m, construirase o azude de derivación. Terá unha lonxitude total de 48,90 m coa coroación á cota 200. A altura sobre cimentos na zona do azude é de 7 m.

Dispoñerase un desaugadoiro de fondo realizado mediante un conducto de 500 mm de diámetro.

-Toma.

A toma instalarase na marxe dereita do azude.

-Canle de derivación.

A canle de derivación será de formigón armado cunha lonxitude de 4.315 m, discorrendo pola marxe dereita do río Oitavén.

A súa sección será rectangular, tendo unha largura de 2,50 m e unha altura de 2,70 m. O calado será de 2,36 m, cun resgardo de 0,44 m.

-Cámara de carga.

A canle de derivación dará paso á cámara de carga que terá unhas dimensións de 51 m de lonxitude, 8 m de largura e 4 m de calado útil.

-Conducción forzada.

A conducción forzada realizarase con aceiro e terá un diámetro interior de 1.900 mm de diámetro, un espesor de 15 mm e unha lonxitude real de 355 m, ata un gallo de bifurcación. Del arrincarán dúas conduccións de 1.340 mm de diámetro e 11 mm de espesor, para alimentar cada un dos dous grupos con que contará a central.

-Central eléctrica.

O edificio da central estará na marxe dereita do río Oitavén. Terá unha superficie de 300 m e unha altura de 8 m sobre a súa soleira.

-Equipamentos electromecánicos.

A central irá equipada con dúas turbinas Francis de eixe horizontal cun caudal de 4,50 m/s e un salto neto de 155,523 m. Terán unha potencia de 6.245 kW, o que conduce a unha potencia total instalada de 13.490 kW.

Os alternadores serán síncronos cunha potencia en bornes de 5.995 kW. A potencia aparente será de 6.661 kVA cunha potencia total aparente de 13.322 kVA.

Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento. Os terreos afectados son os seguintes:

-Azude e acceso:

PropietarioDomicilioSup. (m)

Comunidade de Monte Veciñal de CalvosFornelo de Montes450

Comunidade de Monte Veciñal de BarbudoO Campo

(Ponte Caldelas)

2.000

-Toma, canle e cámara de carga:

PropietarioDomicilioSup. (m)

Comunidade de Monte Veciñal de BarbudoPonte Caldelas7.000

Comunidade de Monte Veciñal de ChaínPonte Caldelas14.000

Comunidade de Monte Veciñal de Rego do VargoPonte Caldelas24.000

-Forzada, central e acceso:

PropietarioDomicilioSup. (m)

Comunidade de Monte Veciñal de Rego do VargoPonte Caldelas2.000

Amoedo Garrido PerfectoMoledo175

Hd. Orge GarridoMoledo480

José CernadasChaín550

Heredo Orgen CarmenChaín75

Rafael TaboadaMoledo375

Carlos López RodríguezPonte Caldelas1.200

Carmen LeiroChaín220

Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

e) Peticionario e promotor: Topo2000, S.L.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 1, ático 13, 15679 O Temple, Cambre, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén. Salto nº 1. Salto de Eiras I, salto nº 2. Salto de Eiras II.

Esta petición consta de dous saltos: o salto nº 1 e o salto nº 2.

As características do salto nº 1 están descritas na letra B do presente anuncio. As características do salto nº 2 atópanse descritas na letra C deste.

f) Peticionario e promotor: Topo2000, S.L.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 1, ático 13, 15679 O Temple, Cambre, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén. Salto nº 1. Salto de Eiras I, salto nº 3. Salto de Corope.

Esta petición consta de dous saltos: o salto nº 1 e o salto nº 3.

As características do salto nº 1 están descritas na letra B deste anuncio. As características do salto nº 3 atópanse descritas na letra D deste.

g) Peticionario e promotor: Topo2000, S.L.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 1, ático 13, 15679 O Temple, Cambre, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén. Salto nº 2. Salto de Eiras 2, salto nº 3. Salto de Corope.

Esta petición consta de dous saltos: o salto nº 2 e o salto nº 3.

As características do salto nº 2 están descritas na letra C deste anuncio. As características do salto nº 3 atópanse descritas na letra D deste.

h) Peticionario e promotor: Topo2000, S.L.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 1, ático 13, 15679 O Temple, Cambre, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén. Salto nº 1. Salto de Eiras I, salto nº 2. Salto de Eiras 2, salto nº 3. Salto de Corope.

Esta petición consta de tres saltos: o salto nº 1, o salto nº 2 e o salto nº 3.

As características do salto nº 1 están descritas na letra B do presente anuncio. As características do salto nº 2 están descritas na letra C. As características do salto nº 3 atópanse descritas na letra D deste.

i) Peticionario e promotor: Concello de Vigo.

Enderezo: praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén.

Os aspectos máis destacados son:

A solución adoptada consiste nunha única concesión con dous aproveitamentos hidroeléctricos independentes, ambos derivando a auga do encoro de Eiras:

Salto 1.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 12.000 l/sg.

Corrente de derivación: río Oitavén (cota normal de encoro: 222 m.)

Cota de restitución: 192,25 m.

Desnivel (salto bruto): 29,75 m.

Potencia xeradores: 2.700 e 900 kW respectivamente.

Concellos onde se acha a toma e demais obras: Fornelos de Montes e Soutomaior (Pontevedra).

Salto 2.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 9.000 l/sg.

Cota de toma: 205,25 m.

Corrente de restitución: río Oitavén (cota de finalización: 62,50 m).

Desnivel (salto bruto): 142,75 m.

Potencia xeradores: 3.300 e 6.700 kW respectivamente.

Concellos onde se acha a toma e demais obras: Fornelos de Montes e Soutomaior (Pontevedra).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

A auga captada é levada ata a central a través dun túnel en carga que se bifurca en dous tubos de entrada ás turbinas que compoñen a central 1. O caudal turbinado desauga nunha piscina de descarga da que parte o tubo de abastecemento de Vigo e a canle de derivación da segunda central que compón o aproveitamento. A canle desemboca na cámara de carga da que parte o tubo forzado que abastece as turbinas da central 2. O caudal turbinado restitúe ó río Oitavén á cota 62,50 m.

-Obra de toma.

A obra de toma está situada na ribeira esquerda do encoro de Eiras, a uns 350 m augas arriba do estribo esquerdo da presa e á cota 222 m.

-Galería de presión.

Terá unha sección circular de 3,50 m de diámetro e 349,90 m de lonxitude real con pendente constante ata a bifurcación nos dous tubos de entrada na central 1 do 5,52 %.

-Tubos de entrada na central.

A galería de presión a uns 12 m augas arriba de entrar na central finaliza nunha transición a tubo do mesmo diámetro, que se bifurca nos dous tubos de entrada nas turbinas da central.

Os dous tubos da bifurcación teñen respectivamente un diámetro de 1.900 e 1.100 mm e serán de aceiro ó carbono indo en toda a súa lonxitude soterradas.

-Edificio da central 1.

As súas dimensións en planta serán de 15x20,40 metros e aloxará tódolos equipamentos electromecánicos para a producción de enerxía eléctrica.

-Equipamentos electromecánicos.

Os equipamentos serán dúas turbinas tipo Kaplan de eixe vertical de caudal de equipamento 9 e 3 m/s respectivamente que desaugan en dúas canles de descarga independentes que desembocan na piscina de descarga.

-Piscina de descarga.

As canles de descarga da central 1 desembocan na piscina de descarga de dimensións 9,10x10 metros interiores. Da dita piscina parte o tubo de abastecemento de Vigo e a canle de derivación que conduce o caudal para turbinar ata a central 2.

-Canle de derivación.

Da piscina de descarga parte a canle de derivación da central 2 que discorre nunha lonxitude de 4.700 m. A canle terá unhas dimensións de 2x2,80 metros. No funcionamento normal da canle o caudal de equipamento a cota da lámina de auga é de 2,40 metros.

-Cámara de carga.

A canle de derivación desemboca na cámara de carga, da que parte a tubaxe forzada que chega ata a central 2.

Tubaxe forzada.

O tubaxe forzada de aceiro de carbono de 1.900 mm de diámetro e 222,80 m de lonxitude, parte da cámara de carga e discorre aérea pola ribeira esquerda do río Oitavén, apoiándose en macizos de formigón cada 8 m. Na súa chegada á central bifúrcase en dous tubos de 1.500 e 1.100 mm de diámetro, respectivamente, que entran cada unha nunha turbina da central.

Edificio da central 2.

A central terá unhas dimensión en planta de 15x28,50 metros.

-Equipamentos electromecánicos.

Instalaranse dúas turbinas Francis de eixe horizontal de caudal de equipo 6 e 3 m/s, respectivamente, que desaugan nunha soa canle de descarga que desemboca no río Oitavén á cota 62,50 m.

Os alternadores amecidos directamente ás turbinas teñen unha potencia de 900 e 2.700 kVA respectivamente.

Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.