Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño de texto refundido da Ley de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou publica-las adxudicacións dos contratos que a continuación se citan:

1. Concurso público por procedemento aberto, para a contratación do servicio de 3 helicópteros con destino á vixilancia preventiva durante o ano 2001.

Orzamento de licitación: 63.125.000 pesetas.

Adxudicación: 63.125.000 pesetas.

Empresa adxudicataria: Helieuropa S.A.

2. Concurso público por procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Ourense.

Orzamento de licitación: 699.996.635 pesetas.

Adxudicación: 520.937.495 pesetas.

Empresa adxudicataria: ACS Proyectos y Construcciones S.A.

3. Concurso público por procedemento aberto da contratación do servicio dun mínimo de 6 avións con destino á prevención de incendios forestais durante os anos 2001 e 2002.

Orzamento de licitación: 162.999.000 pesetas.

Adxudicación: 162.949.000 pesetas.

Empresa adxudicataria: UTE Ángel Martínez Ridao-Servicios Aereos Europeos y T. Agrícolas.

4. Concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación da execución da obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU da Curota, Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Orzamento de licitación: 338.032.931 pesetas.

Adxudicación: 274.381.330 pesetas.

Empresa adxudicataria: Necso Entrecanales y Cubiertas S.A.

5. Concurso público por procedemento aberto, do servicio para a recuperación de solos contaminados por vertidos incontrolados nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Orzamento de licitación:

Total: 177.234.000 pesetas.

Lote 1: 71.082.000 pesetas.

Lote 2: 16.800.000 pesetas.

Lote 3: 42.032.000 pesetas.

Lote 4: 47.320.000 pesetas.

Adxudicación:

Lote 1: 63.655.935 pesetas.

Lote 2: 14.616.000 pesetas.

Lote 3: 40.851.691 pesetas.

Lote 4: 42.588.000 pesetas.

Empresa Adxudicataria:

Lote nº 1: Eulen S.A.

Lote nº 2: An Ingeniería y Servicios.

Lote nº 3: Cespa.

Lote nº 4: UTE Xestión Forestal e Medioambiental Reboreda.

6. Concurso público por procedemento aberto, da contratación da execución da obra de clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Lalín.

Orzamento de licitación: 68.770.463 pesetas.

Adxudicación: 57.010.714 pesetas.

Empresa adxudicataria: UTE Xestión Forestal e Medioambiental-Manmer

7. Concurso público por procedemento aberto, da contratacion do servicio de 8 helicópteros con destino á extinción de incendios forestais durante os anos 2001 e 2002.

Orzamento de licitación: 870.750.000 pesetas.

Adxudicación: 870.750.000 pesetas.

Empresa adxudicataria: UTE Heli-Europa S.A.-Helicsa Helicópteros S.A.

8. Concurso público por procedemento aberto da contratación da execución da obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU da Laracha (A Coruña).

Orzamento de licitación: 64.886.781 pesetas.

Adxudicación: 56.126.000 pesetas.

Empresa adxudicataria: Puentes y Calzadas S.A.

9. Concurso público por procedemento aberto da contratación da execución da obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU da Estrada (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 43.626.595 pesetas.

Adxudicación: 37.320.000 pesetas.

Empresa adxudicataria: Oviga.

10. Concurso público por procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para o mantemento do sistema de información da rede galega de calidade do aire.

Orzamento de licitación: 17.000.000 de pesetas.

Adxudicación: 16.775.000 pesetas.

Empresa adxudicataria: Castro Ingeniería S.L.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

P.D. (Orden 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario general da Consellería de Medio Ambiente