Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/55-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., R.B.T., Trellerma 2ª F.

Situación: Toén.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 1.624 m de lonxitude, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, con orixe na L.M.T. ó sanatorio e con final no C.T. de Trellerma. Rede de baixa tensión derivada do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 23 de maio de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense