Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, do expediente de gasto do servicio de mantemento do parque informático da Xunta de Galicia que afecta a varias consellerías.

1. Entidade adxudicadora: Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos; edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono 981 54 52 58; fax 981 54 52 74, 15704 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, do expediente de gasto.

3. Prazo de execución: a duración da asistencia prolongarase desde o momento da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

4. Orzamento total: setenta e nove millóns cincocentas trinta e dúas mil cincocentas oitenta pesetas (79.532.580 pesetas), IVE incluído.

5. Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes:

Consellería da Presidencia e Administración Pública. Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Subdirección Xeral de Planificación

e Coordinación Informática; edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono 981 54 52 58; fax 981 54 52 74, 15771 Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

A documentación poderá solicitarse en Copy Nino, en r/ Xeneral Pardiñas 2, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamen se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación.

6. Garantías esixidas: consistirá no 2% do orzamento de licitación (1.590.652 pesetas).

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. a) Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 30 de xullo de 2001.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de mantemento do parque informático da Xunta de Galicia que afecta a varias consellerías, que presenta ... no nome ... (propio ou da entidade que representa)».

b) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 6 de agosto de 2001 nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 12 horas.

10. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 8 do prego de prescricións técnicas e o punto 2 do anexo III do prego de cláusulas administrativas.

11. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

12. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

13. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 7 de xuño de 2001.

14. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 7 de xuño de 2001

15. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública