Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria, bases xerais e específicas das prazas do cadro de persoal funcionario que se relacionan, reservadas a promoción interna, para prover polo sistema de concurso-oposición, vacantes na relación de postos de traballo para 2001 da Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo número 124 do 1 de xuño de 2001, públícase a convocatoria así como as bases xerais e específicas para a provisión de prazas do cadro de persoal funcionario que a seguir se relacionan, vacantes na RPT desta entidade para o ano 2001, que se van prover polo sistema de concurso-oposición, reservadas a promoción interna.

Nº de prazasDenominaciónGrupo

1Diplomado administración financeiraB

1Cociñeiro xefe coordinadorC

1Coordinador subministracións e control de calidadeD

Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que figura como anexo I das bases xerais, e que se facilitará no Negociado de Selección, Promoción e Carreira (Sección de Administración de Persoal) desta deputación provincial. Presentaranse no rexistro xeral da entidade, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte día naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 1 de xuño de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo