Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización da ampliación da rede da Coruña-conexión á rúa Juan Flórez números 34, 36 e 38, promovido pola empresa Gas Natural La Coruña, S.A. (Expediente 01/7-0-G).

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e demais normativa específica de aplicación, sométese a información pública o proxecto da ampliación da rede da Coruña - conexión á rúa Juan Flórez nº 34, 36 e 38, declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Natural La Coruña, S.A., con domicilio en r/ Rafael Alberti, 8 - entresollado, 15008 A Coruña, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 30 de setembro de 1997 para a subministración de gas natural no termo municipal da provincia da Coruña, concesión que deveu en autorización conforme establece a disposición transitoria décimo quinta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos

Obxecto da petición: autorización administrativa, declaración de utilidade público en concreto, e aprobación do proxecto da ampliación da rede da Coruña - conexión á rúa Juan Flórez nº 34, 36 e 38.

A autorización de instalacións que se solicita leva consigo, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación

forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: as características afectan o termo municipal da Coruña, e son as que se expoñen a continuación:

A conexión iniciarase desde a rede xeral, sita na r/ Juan Flórez, accedéndose á praza mediante tubo de aceiro normalizado.

Os tubos discorrerán desde a conexión xeral dentro dunha gabia e encima do forxado do garaxe existente ata os puntos de conexión ós edificios e locais comerciais. Nos ditos puntos darase servicio de gas a cada conexión individual.

O conducto por onde discorreran os tres tubos de gas de aceiro realizarase aproveitando o espacio existente entre o pavimento da praza ou xardín e a parte superior do forxado do mesmo, sen afectar en ningún momento elementos estructurais de calquera tipo.

As lonxitudes de tubo necesarias para cada conexión son as seguintes:

r/ Juan Flórez, 34 (Ximnasio Centurión): 1,5 polgadas e 40 m de lonxitude.

r/ Juan Flórez, 36 (Clínica dental): 3 polgadas e 31 m de lonxitude.

r/ Juan Flórez, 38 (Restaurante A la Brasa): 1,5 polgadas e 25 m de lonxitude.

Termos municipais afectados:

A Coruña.

Orzamento: o orzamento ascende a novecentas sesenta e unha mil setenta e sete pesetas (961.077 pesetas).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto concrétase na seguinte forma:

A. Imposición de servidume permanente de paso de gas ó longo da traza da conducción, cunha largura de 1 metros, 0,5 m a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a canalización ou canalizacións que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións do dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a un metro contado do eixe da canalización.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar calquera acto que puidese danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a tres metros do eixe da traza, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en

cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B. Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para estes fins.

O proxecto inclúe plano de localización e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados segundo se figura no anexo.

O que se fai público para coñecemento xeral e, especialmente, dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto. A relación deles insírese ó final deste anuncio, para que a poidan examinar na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos s/n, e presentar por triplicado nestes centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

A Coruña, 15 de xuño de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

ANEXO

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: ampliación rede da Coruña - conexión a r/ Juan Flórez, nº 34, 36 e 38

Termo municipal: A Coruña.

Predio nº: C-CO-1.

Titular e enderezo: Primera Coruñesa, S.A.

Conselleiro delegado: Tomás Rodríguez-Sabio Sánchez.

Paseo de Ronda, 1-20º D, 15011, A Coruña.

Afección: L.M.: 60.

O.T. m: 60.

Catastro: políg. parcela.

Natureza: praza.