Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 258/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. C.T. polígono de Sabón, parcela 110-B.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica aérea-subterránea de media tensión, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 49 m de lonxitude no seu tramo aéreo, coa orixe en apoio nº 8 da liña denominada polígono Sabón-Intel, seguido de tramo subterráneo, baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm, de 3 m de lonxitude e final en C.T. en parcela de talleres Arteixo.

Centro de transformación, tipo caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en parcela 110-B do polígono de Sabón. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de maio de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña