Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación de tres contratos administrativos de consultoría e asistencia e un de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlles publicidade á adxudicación do contrato administrativo que se relaciona.

Forma de adxudicación: os contratos que a seguir se identifican foron adxudicados, logo de tramitación dos correspondentes expedientes administrativos, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó abeiro do disposto nos artigos 73 e 74 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Contratos administrativos de consultoría e asistencia.

1. Resolución de licitación: 12 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 54, do 16 de marzo).

Obxecto do contrato:

Redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior, da obra de construcción dun pavillón polideportivo en Ribadeo, Lugo.

Adxudicatario: Jaime Álvarez Ponte, arquitecto.

Importe de adxudicación: 4.000.000 de pesetas.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Data da resolución: 11 de maio de 2001.

2. Resolución de licitación: 12 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 54, do 16 de marzo).

Obxecto do contrato:

Redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior, da obra de construcción dun pavillón polideportivo en San Cibrao, concello de Cervo, Lugo.

Adxudicatario: José Luis Basanta Cillero, arquitecto.

Importe de adxudicación: 3.890.000 pesetas.

Prazo de execución: corenta (40) días.

Data da resolución: 11 de maio de 2001.

3. Resolución de licitación: 12 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 54, do 16 de marzo).

Obxecto do contrato:

Redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior, da obra de construcción de piscina cuberta e climatizada en Bertamiráns, concello de Ames, A Coruña.

Adxudicatario: Ara Arquitectos, S.L.

Importe de adxudicación: 8.791.060 pesetas.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Data da resolución: 18 de maio de 2001.

Contrato de obra:

1. Resolución de licitación: 24 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 87, do 7 de maio).

Obxecto do contrato:

Construcción de ximnasio e reforma de vestiarios no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Adxudicatario: Construcciones Abal, S.A.

Importe de adxudicación: 79.944.000 pesetas.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Data da resolución: 29 de maio de 2001.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte