Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de rede de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Leandro do río Carnota (Lérez).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria. Aberto. Poxa.

4. Orzamento da licitación: 10.004.158 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías: a) Provisional: 200.083 pesetas. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do concello. Praza de España. Pontevedra 36071. Tlf./fax: 986 80 43 00/86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello. En horario de 9 a 13 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 11 de xuño de 2001.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado de área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral