Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Convócanse os concursos para a adxudicación das obras que a seguir se relacionan conforme os proxectos técnicos e as cláusulas administrativas particulares que se consideran parte integrante dos contratos:

Obxecto: a adxudicación da obra: acceso a núcleo de Pereiras-enlace vía rápida PPC/2001.

Obxecto: a adxudicación da obra: saneamento en Aguís (Simes) e Xil (Xil) POL/2001.

Prazos de execución: fíxanse para as dúas obras en tres meses desde a data de formalización dos contratos.

Tipo de licitación.

Acceso a núcleo de Pereiras-enlace vía rápida: 10.439.915 pesetas, IVE incluído.

Saneamento en Aguís (Simes) e Xil (Xil): 15.253.643 pesetas, IVE incluído.

Capacidade para contratar: están capacitados para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrart e acrediten a seguinte clasificación:

Acceso a núcleo de Pereiras-enlace vía rápida: grupo G, subgrupo 4, categoría b.

Saneamiento en Aguís (Simes) e Xil (Xil): grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Ou a solvencia económica, financeira e técnicas nos termos dos artigos 16 e 17 do TRLCAP e non estean afectados por ninguna das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: será do 4% do importe de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 do TRLCAP.

Obtención de documentación e información: Concello de Meaño, r/ Campo da Feira, nº 1, Meaño, CP 36968. Teléfono: 986 74 71 02.

Presentación de proposicións: lugar e prazo: no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13.30 horas no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Documentación: a esixida nas cláusulas 9ª e segundo os modelos de proposición contidos na 18ª.

Formúlanse proposicións económicas para cada unha das obras.

En relación ó sobre B de documentos, no suposto de que unha empresa se presente a ámbalas dúas obras, poderá presentar un sobre B único denominado de documentos coas clasificacións esixidas e facendo referencia ás dúas obras.

Criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso: os que figuran nas cláusulas 11ª do prego.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase ás 13 horas do día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de proposicións.

Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Tramitación, procedemento e forma: tramitación: ordinaria, procedemento: aberto, forma: concurso.

Meaño, 29 de maio de 2001.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde