Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (1129/00-3).

De conformidade co disposto no artigo 79 do TR da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para a adxudicación polo Concello de Marín das obras de rede de sumidoiros O Igrexario Santomé, de conformidade co seguinte contido:

1. Obxecto: a adxudicación das obras de rede de sumidoiros O Igrexario Santomé.

2. Prezo do contrato: 11.400.000 pesetas (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, das 9 ás 14 horas, agás o sábado, que será das 9 ás 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. (Terase en conta para estes efectos a última publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica, abrirase na Sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado terá lugar o día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 20 de xuño de 2001.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde