Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castroverde.

2. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: accesos nas parroquias de Mirandela, Cellán de Calvos e outras.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 12.120.000 pesetas.

d) Garantía provisional: 242.200 pesetas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información:

Concello de Castroverde; Praza do Concello, 2, CP 27120 Castroverde (Lugo). Teléfono: 982 31 20 80. Fax: 982 31 30 11.

5. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

6. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Castroverde, Praza do Concello, 2.

7. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Castroverde.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se produzan.

Catroverde, 20 de xuño de 2001.

Xosé Mª Arias Fernández

Alcalde