Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/159-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa San Xosé, nº 80.

Situación: Cangas.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. existente entre os CC.TT. avda. de Lugo e Reboredo ata o nº 80 da rúa San Xosé, no concello de Cangas, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/200 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra