Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 18 de abril de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01403-O-2000 e vinteún máis).

Advertido un erro, na devandita cédula, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 95, do 18 de maio de 2001, cómpre realiza-la oportuna corrección:

Na páxina 6.673, na táboa do anexo, na ringleira do expediente PO-02402-O-2000, na segunda columna «Denunciado. Último enderezo coñecido», onde di: «José Luis González Alcalde, Fortanet, 11, 3º B...», debe dicir: «José Luis Arte González, Alcalde Portanet, II-3º B, 36210 Vigo, Pontevedra».