Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de maio de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Aliste Blanco, María Luisa e dous máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos dous recursos.

A Coruña, 9 de maio de 2001.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData

dilixencia

Descrición do ben

Aliste Blanco, Mª Luisa14686270B18-4-2001Predio nº 18065.0 Rex.

Prop. Betanzos

Aliste Blanco, Mª Luisa14686270B18-4-2001Predio nº 18800.0 Rex.

Prop. Betanzos

Asesoramiento Técnico

Inge. Civil S.

B1506245820-4-2001Predio nº 43342 Rex.

Prop. A Coruña 2