Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.848

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO II, SUNP SUR B (LOUZANETA-AREEIRAS) LUGO

ANUNCIO.

De conformidade co establecido nos artigos 133.8º e 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 174.1º do vixente Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, procédese á apertura do trámite de audiencia en relación co proxecto de compensación redactado para a equidistribución do referido polígono, poñéndoo en coñecemento de tódolos afectados para que, se convén ó seu dereito, e polo prazo de vinte días, poidan examinalo no domicilio social da xunta de compensación, sito na r/ Montero Ríos, número 41-5º K, Lugo.

Lugo, 21 de xuño de 2001.

O presidente da Xunta de Compensación

Rubricado