Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación do servicio, por concurso público polo procedemento aberto, con trámite de urxencia, para o programa de Turismo social 2001 para as persoas maiores.

De acordo co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte servicio:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

c) Número de expediente: 20011110919.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: contrato de servicios para a realización do programa de Turismo social 2001 para as persoas maiores.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 66, do 3-4-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 61.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 25-4-2001.

b) Contratista: Viajes Halcón, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 55.275.000 pesetas (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais