Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución denominado reelectrificación da Moscosa, no concello de Guitiriz e a súa declaración de utilidade pública. (Expediente 10/2000 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado

das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

b) Finalidade: mellora-la calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. Baamonde-Guitiriz e remate no C.T. proxectado Moscosa I de 880 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56.

2. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. proxectada ó C.T. Moscosa I e remate no C.T. proxectado Moscosa II de 332 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56.

3. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. Baamonde-Guitiriz e remate no C.T. proxectado de Pontillón de 732 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56.

4. Centro de transformación aéreo de intemperie Moscosa I de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Centro de transformación aéreo de intemperie Moscosa II de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

6. Centro de transformación aéreo de intemperie Pontillón de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

7. Rede de baixa tensión aérea de Moscosa I de 1.000 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

8. Rede de baixa tensión aérea de Moscosa II de 1.550 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

9. Rede de baixa tensión aérea de Pontillón de 1.080 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto e o seu anexo que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse o proxecto e anexo de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 11 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 10/2000 A.T.Provincia: Lugo

Reelectrificación na MoscosaTermo municipal: Guitiriz

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1LapacaldosPradoAlonso Paz DíazCarballal-Parga, 27305.27243

3LapacaldosPradoAlonso Paz DíazCarballal-Parga, 27305.2160600

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5Rego do LoboMonte altoHdos. López ToméAnsede, s/n, Guitiriz, 273002136576

6bRego do LoboMonte altoJesús Castelo CasteloGaliñeiro-Becín-Guitiriz3148768

8Rego dos LobosMonte altoJesús Comba Rodríguezr/ Calvo Sotelo, 17 Parga,

27305

3831.328

L.M.T. derivación a C.T. de Moscosa I

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4bMonte baixoConsuelo Losada DíazMende-Becín-Parga, 27305104

5cMonte baixoConsuelo Losada DíazMende-Becín-Parga, 2730514168

6Monte altoAlonso Paz DíazCarballal-Parga, 273052145857

10PradoAlonso Paz DíazCarballal-Parga, 27305108

13aMonte baixoManuel Tomé GarcíaMesón da Cabra-Trasparga, 2720160

14Monte altoJesús Lage Lópezr/ Joaquín Planelles, 58-1º

A Coruña, 15008.

5138608

16PradoAlonso Paz DíazCarballa-Parga, 27305.6156660

17Monte baixoSecundino Rivera SeijasSante-Trasparga, 27305721161.160

20PradoMaderas GaliciaTrasparga-Guitiriz, 2730514196

22Monte alto/baixoMaderas GaliciaTrasparga-Guitiriz, 273058230360

L.M.T. derivación a C.T. de Pontillón

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Porto DanPradoConsuelo Losada DíazMende-Becín, 27305 Guitiriz10180

3Porto DanMonte altoElías López VillamorLameiras, 10, Guitiriz, 273002120

4Porto DanPradoConsuelo Losada DíazMende-Becín, 27305 Guitiriz58812

7Porto DanMonte altoConsuelo Losada DíazMende-Becín, 27305 Guitiriz2153848

10Cruz do CastroPradoPastor Ferreiro LópezMende-Becín, 27305 Guitiriz599

12Cruz do CastoMonte altoRamiro Barral VázquezJosé Baldomir, 1-entresollado w,

15010 A Coruña

3151816

20O CastroLabradío/

monte alto

Carmen Losada LageMende 2-Becín-Guitiriz,

27305

51901.440

24cPriviceirasMonte altoPastor Ferreiro LópezMende 7-Becín, 27305 Guitiriz8134

24fPriviceirasMonte altoPastor Ferreiro LópezMende 7-Becín, 27305 Guitiriz22440