Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a realización dun contrato de servicios para soporte, configuración e control dos sistemas hardware e software de base das redes de área local da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

c) Número de expediente: SXCA 3/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: soporte, configuración e control dos sistemas hardware e software de base das redes de área local da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Lugar de execución: nas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 19.500.000 pesetas (117.197,36 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: 390.000 pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 41.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Dirección Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=554.

g) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme ó establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de Universidades).

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: 13 de xullo de 2001.

e) Hora: 10.20 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria