Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONTRATACIÓN, por poxa aberta, da subministración de formigón para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras, nº de expediente 32465/250.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de formigón.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento: 20.000.000 de pesetas.

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación para publicar no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 18 de xuño de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde