Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión do 18 de abril de 2001, aprobouse a forma de adxudicación mediante concurso, para a subministración, substitución e instalación de maquinaria escénica de elevación do auditorio Gustavo Freire. Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración, substitución e instalación da maquinaria escénica de elevación do auditorio Gustavo Freire, segundo o establecido na memoria valorada redactada polo director do Servicio de Obras.

b) Prazo de entrega: o prazo máximo de entrega e instalación é de dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O prezo máximo de licitación é de 11.894.187 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 237.884 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que teña lugar con poterioridade ó remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 14 de maio de 2001.

Eva Mª Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

Fernado X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área