Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2001 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun local sito na parcela 35 do Polígono Industrial da Gándara de Ferrol, co fin de destinalo a almacén.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comu

nidade Autónoma de Galicia e 55.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas con base con Decreto 64/1996, do 15 de febreiro,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que pola peculariedade do ben, dado que este local xa vén sendo destinado a almacén da Xerencia de Atención Primaria e que xa está acondicionado para este cometido, se xustifica, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun local propiedade de Luis Fernando Carreira García e a súa dona, María Elena Vázquez Blanco, situado na parcela número 35 do Polígono Enseada da Gándara de Ferrol, co fin de destinalo a almacén da Xerencia de Atención Primaria.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2001.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais