Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dun servicio para continua-la implantación do modelo de excelencia (baseado no modelo europeo da calidade), durante o exercicio 2001 en 80 centros colaboradores de formación ocupacional homologados e inscritos no censo de centros colaboradores dependentes desta consellería.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 17/2001.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación dun servicio para continua-la implantación do modelo de excelencia (baseado no modelo europeo da calidade), durante o exercicio 2001, en 80 centros colaboradores de formación ocupacional homologados e inscritos no censo de centros colaboradores dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Prazo de execución: ata o 20 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 52.000.000 de pesetas (312.526,29 euros).

5. Garantías:

Provisional: 1.040.000 pesetas (6.250,53 euros).

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

b) Domicilio: San Caetano s/n (teléfono: 981 54 54 00).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15781.

d) Teléfono: información 981 54 46 92-981 54 56 16.

e) Fax: 981 54 46 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación, no seguinte enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=502.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: subgrupo 3. Grupo III. Categoría C.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o décimo día hábil seguinte ó da fin do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude